miércoles, 27 de noviembre de 2019

Contavenres 29 de novembro

Este venres na biblioteca do cole non perdas a oportunidade de escoitar este conto coas voces de Aroa e Iago. 

martes, 26 de noviembre de 2019

Nos tamén creamos!

O alumnado de 5 anos do cole vai a participar no plan proxecta Nos tamén creamos! Consiste na creación dunha curtametraxe en galego realizada coa técnica stopmotion. Onte recibiron a formación as mestras implicadas, agora tócalle aos rapaces/zas!


 Iremosvos informando de todos os pasos. Comezamos!

Estreamos entrada!




 Grazas ao colectivo Oasis de Montealto o noso cole xa ten as letras do biólogo que lle da nome e dos seres que catalogou.

lunes, 25 de noviembre de 2019

viernes, 22 de noviembre de 2019

Contavenres de Corre corre cabaciña

Kamishibai de Corre corre cabaciña por parte de alumnado de 5 anos nas nosas sesións de contacontos na biblio do cole.



Sesión de cine na Biblio

Hoxe puideron disfrutar do seu premio os gañadores do concurso !


lunes, 18 de noviembre de 2019

Concurso relatos de Nadal

Dada a gran acollida do concurso de cómics do mes de outubro, lanzamos un novo concurso de RELATOS DE NADAL!

As bases do concurso son as seguintes:
- Escribe un relato relacionado co Nadal nunha carilla dun folio.
- En galego, sen faltas de ortografía (podes pedirlle ao teu titor@ que o corrixa antes de entregalo).
- Pode se individualmente ou por parellas.
- Pon o teu nome, apelidos e curso.
- Entrégao antes do 9 de decembro na biblioteca do cole.
 Anímate a participar!

O alumnado de infantil tamén poderá participar facendo un debuxo que ilustre a felicitación.

viernes, 15 de noviembre de 2019

Contavenres 15 de novembro

Quedan inauguradas as sesións de contos na hora do recreo, con esta estupenda acollida que tivo o alumnado de 4º ao representar Os tres bandidos en teatro de sombras.  



miércoles, 13 de noviembre de 2019

Mes da ciencia

Queres saber máis sobre ciencia? Aproveita este mes e leva un dos libros da exposición en préstamo. Quizás chegues a ser un científico/a algún día!


Contavenres

Comezamos os contavenres na hora do recreo.

lunes, 11 de noviembre de 2019

Contacontos entre aulas

Lucía e Candela contando Pomelo crece ao alumnado de 4 anos.

Novembro: mes da ciencia

Comezamos novo mes e con el novas actividades e propostas.
Novembro é o mes da ciencia. O noso cole está a sufrir una transformación para converterse nunha enciclopedia física. Cada aula está a estudar sobre unha muller científica Galega 👩🏻‍🔬 e con esa información decorarán a súa porta de aula. Da un paseo polo cole e coñece máis sobre a nosa cultura.

Ciencia nas Bibliotecas escolares

viernes, 8 de noviembre de 2019

Haunted house- sound effects

Outra das actuacións en inglés do noso especial Samaín

Mércores de mercadillo halloweense!

Despois dunha semana preparando receitas, hoxe chegou por fin o día! O alumnado de cada clase elaborou un prato terrorífico para compartir co resto do cole nunha xornada de festa! Sempre sen deixar de aprender, pois a compra e venda era comunicándose en inglés e coa moeda inglesa.





Concurso de cómics de terror!

Semana de votacións! Despois da gran acollida que tivo o concurso de cómics con ata 27 equipos participantes é tempo de votacións. Que gane o mellor! O luns faremos o reconto de votos e coñeceremos aos gañadores/as!