jueves, 3 de mayo de 2018

VISITA DA ESCRITORA ROSA ANEIROS 4º EP


                                                          A Coruña, 21 de marzo do 2018

              Este día visitounos a escritora galega Rosa Aneiros. Naceu en Valdoviño, Ferrol.
Queriamos facerlle moitas preguntas do seu libro “A batalla da pequena Chañán Curi Coca”. Tiñamos moitas ganas de coñecela e facerlle preguntas do libro. Gustounos moito e queríamos saber en que se inspirara para escribilo.
Contounos que vivirá como ao avó dunha amiga moi querida, o botaron da súa casa para facer "chalés adosados". E resulta que ao final non fixeron nada porque non tiñan cartos para construilas, e quedou todo abandonado, encheuse de silvas, matorrais…Quixo contar o que ocorrera e comezou a historia.
A parte máxica deste conto estivo baseado na súa viaxe ao Machu Pichu, en Perú. Púxonos imaxes, feitas por ela, da selva, da montaña onde está a cidade de Machu Pichu e de restos de templos e pobos dos antigos Incas. As lendas que alí escoitou servíronlle para crear personaxes imaxinarios.
O libro ten moios ditos e expresión simpáticas. Preguntámoslle por una delas: “a todo filispín”. E explicounos  que significa “a toda máquina”. A expresión ven dos rótulos dos barcos que en inglés  poñían “full speed” para indicar máxima potencia. Nesa época  chegaban moitos a Ferrol.
Estivemos encantadíííííííííísim@s de que viñera a falar con nós.
Escribiunos una dedicatoria, firmou os nosos libros e fixémonos varias fotos con ela. Foi estupendo, era moi simpática.
Alumnas e alumnos de 4º









No hay comentarios:

Publicar un comentario