A Coruña, 21 de marzo do 2018
Este día visitounos a escritora galega Rosa
Aneiros. Naceu en Valdoviño, Ferrol.
Queriamos facerlle moitas preguntas do seu
libro “A batalla da pequena Chañán Curi Coca”. Tiñamos moitas ganas de coñecela
e facerlle preguntas do libro. Gustounos moito e queríamos saber en que se
inspirara para escribilo.
Contounos que vivirá como ao avó dunha amiga moi
querida, o botaron da súa casa para facer "chalés adosados". E resulta que ao
final non fixeron nada porque non tiñan cartos para construilas, e quedou todo
abandonado, encheuse de silvas, matorrais…Quixo contar o que ocorrera e comezou
a historia.
A parte máxica deste conto estivo baseado na
súa viaxe ao Machu Pichu, en Perú. Púxonos imaxes, feitas por ela, da selva, da
montaña onde está a cidade de Machu Pichu e de restos de templos e pobos dos
antigos Incas. As lendas que alí escoitou servíronlle para crear personaxes
imaxinarios.
O libro ten moios ditos e expresión
simpáticas. Preguntámoslle por una delas: “a todo filispín”. E explicounos que significa “a toda máquina”. A expresión
ven dos rótulos dos barcos que en inglés poñían “full speed” para indicar máxima
potencia. Nesa época chegaban moitos a
Ferrol.
Estivemos
encantadíííííííííísim@s de que viñera a falar con nós.
Escribiunos una
dedicatoria, firmou os nosos libros e fixémonos varias fotos con ela. Foi
estupendo, era moi simpática.
Alumnas e alumnos de 4º
No hay comentarios:
Publicar un comentario