miércoles, 25 de enero de 2017

MIGRACIÓN Y REFUGIO. DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2017



Este ano queremos enfocar o Día Escolar da Paz e da non Violencia cara ao que está a pasar no mundo co respecto ás persoas que fuxen dos seus países por moitos motivos como a guerra, a súa raza, relixión, opinións políticas distintas, pertencer a un grupo social determinado, por razón de xénero ou pola súa orientación sexual.

As persoas que fuxen do seu país de orixe por calquera destes motivos o único que quere é poder "vivir", por iso piden refuxio; e, por iso queren exercer o seu dereito de asilo (Artículo 14 Declaración dos Deritos Humáns). Que podemos facer nós?

Nesta semana traballarase nas clases esta temática con contos, libros, cortos de animación, documentales, traballos de investigación....

Aquí deixámosvos  un pequeno GLOSARIO co que comezamos este tema para aclarar dúbidas e conceptos.


E contaremos o venres coa visita de dúas persoas moi relacionados co tema dos Dereitos Humáns:

A periodista Patricia Simón, galardonada co Premio da Asociación de Mulleres dos Medios de Comunicación 2013, ponente en seminarios, cursos e congresos sobre periodismo, dereitos humáns, enfoque de xénero, trata de persoas e explotación sexual. 


O fotoperiodista Javier BauluzPremio Pulitzer de Fotografía 1995 polo seu traballo en
Ruanda, Premio Periodismo e Dereitos Humáns 2008, Premio Dereitos Humáns do Consello Xeral da Abogacía 2016, entre otros.


Pola mañá, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º van ter a sorte de poder compartir un encontro persoal con eles onde van contarlles  as súas experiencias persoais cos nenos e nenas refuxiadas e as súas familias. 

E xa pola tarde, ás 18:30, o resto da comunidade escolar e achegados, estades invitados a vir ao Encontro persoal, que darán conxuntamente, apoiándose no último traballo de Bauluz "Buscando refuxio para os meus fillos", onde narra o camiño percorrido a pe desde a súa chegada a Grecia ata Alemaña.

(O acto vai ser na Sala de Usos Múltiples, ata encher o aforo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario