Divertímosnos moito con Cristina, a nai de Carla, que nos contou "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"
Pablo, o pai de Xiana e Roque, contounos unha lenda que se sitúa ao lado do noso cole "Hércules e Cruña"
O luns estivo connosco Eunice. Á clase da súa filla Cloe contoulle unha historia moi tenra "Laura y la tripita de mamá". Logo na clase de Marta, "Los tres cerditos"
O martes Sonia, a nai de Ariatna, contounos un conto en castelán e inglés. Titulábase "Ven con Dora y sus amigos". Acabamos o conto cantando todos, foi moi divertido.
Carlos, axudado polo seu fillo David, contounos "O soño do osiño rosa"
Pasámolo moi ben cos "Cuentos populares" que nos contou Graciela, a nai de Óscar
Mónica, a nai de Paula, fixonos rir co libro de "Paco trolas"
Moitas grazas a todos por facernos soñar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario