sábado, 16 de noviembre de 2013

DÍA DO CONTO: A QUE SABE A LÚA


Quen non soñou algunha vez con darlle un mordisco á lúa? 
Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Só querían probar un anaco pero, por máis que estirábanse, non eran capaces de tocala. Entón, a tartaruga tivo unha idea xenial : “Quizáis entre todos podamos alcanzala”....
Marta, de 5ºB fixo un traballo extraordinario con este conto de Michael Grejniec, da Editorial Kalandraka; e contou coa axuda de Janira e Cynthia, tamén da súa clase.
Elaborou un panel decorado, uns animais de quita e pón, e fixo participar aos nenos e nenas de 2º que viñeron a compartir connosco este conto.
Deixámosvos aquí as fotos do momento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario