miércoles, 8 de abril de 2015

Anxo Fariña visita de novo a nosa Biblioteca.


Isto é o que opinan os nosos 


alumnos da súa visita:

Gustounos moito. Pareceunos moi interesante a maneira de explicar en que se inspirou para escribir o libro A chave da Atlántida; tamén contou como traballa usando materias tradicionais (libreta de notas..) e materiais modernos (tablet …)




Atopamos  divertidas as historias que contou de cando era pequeno, como a de que quería construír robots. Por iso, agora quere escribir libros deste tema.





        E isto é o que opinou Anxo dos nosos alumnos: 
Uns nenos moi atentos, estiven moi a gusto con eles; foron moi participativos e fixeron unhas preguntas moi interesantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario