Cando o mércores, na Hora de ler, liamos no xornal "Día Mundial da Diversidade Biolóxica" fixémonos moitas preguntas.
Hoxe recibimos resposta a maioría delas. Pedro, naturalista, explicounos moi ben o que é a biodiversidade.
Explicounos como facían as súas investigacións os naturalistas do século XIX, as ferramentas que utilizaban, como preparaban as súas mostras e nos lugares onde podemos atopalas.
Agora non se utilizan os mesmos métodos, ademais de coñecer é moi importante que protexamos, conservemos...
Falounos dunha maneira moi especial do naturista do que leva o nome o noso colexio Víctor López Seoane
Queremos agradecerte a túa colaboración. Moitas grazas
No hay comentarios:
Publicar un comentario