A clase de 6ºB estivo preparando un montón de experiencias nas clases de coñecemento e plástica ao longo do mes de abril, para invitar aos nenos e nenas de 1ºB que tanto lles axudan prestándolles materiais, explicándolles cousas,....
Así que os peques foron a súa clase a ver as experiencias que prepararan os maiores. Repartíronse en tres pequenos grupos e foi un éxito total.
E como a envexa ás veces é sá....a clase de 6ºA tamén quixo ir a desfrutar.
E para rematar a actividade os nenos e nenas de 1ºB tiñan preparada unha sorpresa para os maiores.....
Fixéronlles unha actuación moi especial con vestiario e todo!! "A Primaveira"
Todas estas experiencias están expostas na entrada do colexio a vosa disposición. E os nenos/as de 6ºB encantados de repetir a experiencia. O mércores pasado, Álex Varela, fixo unha pequena exposición de todas elas no recreo na hora do experimento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario