jueves, 25 de febrero de 2016
miércoles, 24 de febrero de 2016
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe celebramos o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Durante toda a semana estivemos a realizar diversas actividades para esta conmemoración.
Creamos cendóns coa obra de Rosalía, podedes lerlos na porta da biblioteca, alí están expostos.
Escribimos e decoramos unhas tarxetas postais, deseñadas por Pepe Barro.Esta actividade realizouse en moitos colexios de Galicia seguindo unha proposta da AELG.
Cada rapaz e rapaza decoraron e escribiron unha postal para un compañeiro.
Este é o buzón que colocamos no vestíbulo.O mércores, os axudantes de biblioteca transformáronse en carteiros e repartiron as postais por todo o colexio.
Pintamos a Rosalía
Seguiremos contando outras actividades.
miércoles, 17 de febrero de 2016
Día de Rosalía
Toda a rapazada recibiu un carta de Bibliomistos, na que os invita a homenaxear a Rosalía de Castro.
Aquí tendes de novo a carta.
Esperamos con impaciencia os vosos centóns.
A
Coruña 16 de febreiro do 2016
Ola
rapaces e rapazas:
Teño
que darvos as grazas por todas as máscaras que trouxéchedes para á biblioteca,
que ben debuxades! aínda que vos confeso
que algunhas son arrepiantes.
Sabedes
que se celebra o día 24 de febreiro?
Si,
tedes razón. Celebramos o nacemento de Rosalía de Castro.
Agora
quero invitarvos a que participedes nunha nova actividade.
Sabedes o que é un “centón”?
Un centón é unha estrofa de varios versos para homenaxear a un autor. No
día de Rosalia queremos homenaxeala coa
creación de centóns.
E como facemos?
Moi fácil. Escollede varios versos de distintas poesías de Rosalía, escribídeas
facendo un poema e traédeas á biblioteca.
Quedarán expostas na entrada da biblioteca.
Animádevos
Bibliomistos
domingo, 14 de febrero de 2016
SAN VALENTÍN
Poemiña
para namorar a unha rosa
A rosa rosiña
está na roseira
ben coloradiña
feliz e riseira !
A rosa rosada
de tanto lucir
a mesma alborada
a pode ferir.
A rosa rosiña
está no rosal:
ti queres ser miña,
rosiña lanzal ?
A rosa
rosada
de tanto mencer,
é tan delicada
que pode morrer !
Para rosa rosiña
fachenda de maio,
incluso é espiña
a flor dun salaio !
A rosa rosada
xa é miña amiga:
quedou namorada
con esta cantiga !
Manuel María
Obra poética completa
DÍA DO CONTO: UNHA VELLA TIÑA UN CAN
lunes, 8 de febrero de 2016
Entroido
O venres celebramos o Entroido. Os nosos rapaces e rapazas disfrazáronse de traballos relacionados co noso porto: pescadores, mariscadores, peixes; o noso gran pintor Urbano Lugris e non faltaron os seguidores do Basquet Coruña e o Deportivo. Divertímonos moito no desfile e rematamos coa degustación de sobremesas tradicionais galegas.
Queremos agradecer ás familias a súa colaboración, sen a vosa axuda o Entroido non sería o mesmo.
miércoles, 3 de febrero de 2016
"Bibliomistos pola Coruña"
Estamos en tempo de Entroido.
O Entroido é unha festa que se celebra moito na nosa cidade. Teremos concursos, desfiles,comparsas, enterro da sardiña na praia de San Amaro,... a mais tradicional e popular son os " choqueiros".
Bibliomistos pídevos que as vosas fotografías sexan en
e mellor se estades disfrazados.
Animádevos!!
martes, 2 de febrero de 2016
ENTROIDO
O próximo día 2 de febreiro comeza a celebración do Entroido.
Hai moitos libros onde podedes atopar información sobre esta celebración da chegada da primavera e as tarefas agrarias.
Aquí tedes unha mostra: O antroideiro
lunes, 1 de febrero de 2016
A PAZ
Hoxe celebramos o "Día da Paz"
Durante a mañán, realizamos diversas actividades nas clases.
No recreo, na biblioteca, Lucía, Diego, Marcos, María e Ruth coa colaboración de Belén e Mª Carmen, as mestras de inglés, contáronnos "What does peace feel like?"
Mais tarde todos xuntos bailamos, cantamos, dimonos apertas,... ao ritmo da"Rumba das apertas"
DÍA DO CONTO: WHAT DOES PEACE FEEL LIKE?
O noso conto para o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, foi elixido polas mestras de inglés, Carmen e máis Belén; "WHAT DOES PEACE FEEL LIKE?" escrito por Vladimir Radunsky, e lido por Diego, Ruth, María, Lucía e Natalia de 5º e 6º de primaria.
Este precioso libro de imaxes contén citas de estudantes de primaria dunha escola internacional en Roma. Traballa tanto os cinco sentidos coma unha mensaxe contra a guerra. Ao texto, acompáñanlle ilustracións que mostran un gato e un can acurrucados xuntos nunha gran cesta, que falan entre eles...
"¿Cómo che parece que é a paz? "Como algo fermoso que vai máis lonxe, pero vai volver". Paz soa coma "gotas de chuvia que caen. . . coma voces cantando. "A paz ten un sabor como a xeado, ten moitos sabores...."
Se queredes xogar un pouquiño e practicar o voso inglés, aquí deixámosvos un xogo lim deste conto.
E tamén algunhas fotos do contacontos do venres....