SAN VALENTÍN
Poemiña
para namorar a unha rosa
A
rosa rosiña
está
na roseira
ben coloradiña
feliz
e riseira !
A rosa
rosada
de tanto
lucir
a mesma
alborada
a pode
ferir.
A
rosa rosiña
está
no rosal:
ti queres
ser miña,
rosiña
lanzal ?
A rosa
rosada
de tanto
mencer,
é
tan delicada
que
pode morrer !
Para
rosa rosiña
fachenda
de maio,
incluso
é espiña
a flor
dun salaio !
A rosa
rosada
xa é
miña amiga:
quedou
namorada
con esta
cantiga !
Manuel
María
Obra
poética completa
No hay comentarios:
Publicar un comentario