DÍA MUNDIAL DO LIBRO
Non hai nada como un libro , así comeza a mensaxe de Irina Bukoba, Directora Xeral da Unesco co gallo do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de autor 2016.
En Galicia tamén celebramos esta data tan importante para as bibliotecas e os libros. A Consellería de Cultura , Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal, agasallo de Pedro Feijoo.
Nós estamos a realizar varias actividades:
- Lectura adaptada dalgúns capitulos de "Don Quijote"
- Adaptación e representación da novela "El retablo de las maravillas"
- Apadriñamento lector.
- Invitación ás familias para contar un conto na biblioteca á aula dos seus fillos.
Pouco a pouco iremos subindo as imaxes e a información sobre cada unha destas actividades.
A mellor forma de celebralo é LENDO UN LIBRO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario