miércoles, 13 de abril de 2016

DON QUIJOTE

A asistencia ao concerto Don Quijote xerou moitos comentarios e opinións. Algúns deles nunca viran en directo unha representación de ballet e quedaron abraiados.

Aqui podedes ler algunhas opinións.

Javier: gustáronme as confusións dos xitanos -monstros, muiños - xigantes. Francisco:o mellor foi a música e as personaxes, encantáronme.

 Uxía: a música, ao comezo suave e tranquila, e de repente moito mais forte; e a sincronización dos bailaríns e bailarinas. 

Diego: gustoulle a música, sobre todo a do comezo, que o fixo sentirse moi relaxado.

 Alejandro. gustoulle moito, o que menos lle gustou foi que durou moi pouco. 

Marcos: gustoulle especialmente o primeiro acto. 

Aitana: quedou abraiada co vestiario. Os traxes, dependendo das personaxes, eran mais ou menos vistosos e non parecían pesados á hora dos desprazamentos. 

María: gustoulle o argumento, a posta en escena e a delicadeza dos pasos dos bailaríns e os traxes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario