domingo, 3 de abril de 2016

O MES DOS LIBROS

Comezamos o mes mais fantástico:"O mes dos libros"

Empezaremos cunha homenaxe a Hans Crhistian Andersen Disfrutaremos coa lectura dos seus contos: O traxe novo do emperador, O soldadiño de chumbo, As zapatillas vermellas, A príncesa e o chícharo, A sirenita... e moitos outros contos. 

Todas as bibliotecas de Galicia celebramos o Día Internacional do Libro Infantil, o día 2 de abril, día no que se celebra o nacemento de Andersen. A IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLI xunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.



A escritora brasileira, Luciana Sandroni escribiu un texto no que nos mostra a gran fascinación que exercen os libros e as bibliotecas nos amantes da lectura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario