sábado, 7 de mayo de 2016

Gonzalo Moure: Cama e conto

A rapazada de terceiro está moi feliz pois tivo a posibilidade de comentar as súas opinións sobre o conto "Cama e conto" con Gonzalo Moure.

 Moitos deles identificábanse con Malva, a protagonista deste conto que nos descubre ese momento máxico e íntimo dun pai ou dunha nai contándolle un conto ao seu fillo.



Gonzalo Moure - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Aproveitamos este momento, para recomendar a todos os pais e nais a lectura deste conto tan delicioso.

Os alumnos de sexto do club de lectura que estiveron a ler e comentar o libro "Palabras de caramelo",outra obra moi, moi fermosa de Gonzalo Moure, puideron compartir os seus comentarios con Gonzalo.
O autor falounos do seu traballo cos nenos, nos campos de refuxiados da Sahara.
Unha das cousas que mais lles chamou a atención aos mais pequenos foi que a biblioteca fose un autobús.
Moitas grazas Gonzalo pola túa visita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario