jueves, 29 de diciembre de 2016

A festa de Nadal de primaria

Os nenos de primaria celebraron a chegada de Nadal tocando os seus instrumentos musicais, cantando, bailando...













Rematamos cun vídeo resumo das actuacións.

Felices festas!!!

martes, 27 de diciembre de 2016

Festivais de Nadal

O último día foi moi emocionante para todos, especialmente para a rapazada de educación infantil cantaron, bailaron e remataron, como rematan todas as festas, cunha merendola!





...Os maiores tamén gozaron escoitando o son das frautas, guitarras, oboe e o violín; cantando, bailando...

viernes, 23 de diciembre de 2016

NADAL

Chegou o Nadal e xa estamos de vacacións. Todos merecemos este descanso logo do moito traballo que fixemos durante o mes de Nadal.


Decoramos o vestíbulo, os corredoiros e aulas; fixemos o Belén e rematamos cos festivais de Nadal e unha divertida xincana.






Gozamos coa visita do Apalpador

lunes, 19 de diciembre de 2016

GUÍA DE LECTURA

Nesta época de Nadal, estades preparando as vosas cartas para Papá Noel e os Reis Magos.
Aquí tendes unhas suxestións lectoras para que podades incluílas nas vosas cartas.


Felices lecturas!

Felices festas!!

sábado, 10 de diciembre de 2016

Visita do alumnado da Universidade da Coruña

O venres 25 de novembro, alumnado da Universidade da Coruña acudiu á aula de 5 anos  para facer varias actividades cos nenos e nenas, co fin de observar a presencia e promover a cultura e a tradición oral galega na escola. 


 Compartiron con nos o momento da asamblea e algunhas cantigas populares.


A continuación, visitamos a biblioteca e contáronnos un conto e propuxéronnos diferentes adiviñas. 


Para rematar un xogo de distensión e unha valoración da actividade. 

miércoles, 7 de diciembre de 2016

Informe PISA

Estes días escoitaredes falar do informe PISA. Este informe mide os coñecementos dos estudantes de 15 anos de 71 países, mediante unhas probas deseñadas pola OCDEUn dos parámetros que se mide é a habilidade lectora.



A evolución en Galicia é moi positiva, temos que seguir avanzando, sen presa, pero sen pausa.

Magosto 2016

No noso colexio queremos poñer en valor as nosas tradicións.
No mes de novembro celebramos a festa do Magosto. Na súa orixe, o Magosto era unha festa arredor do lume e as castañas asadas coas que os galegos honraban as colleitas.
O lume do fogar convidaba a compartir contos e lendas antigas.


Asamos e comimos castañas, xogos populares da rapazada de Infantil e unha Xincana dos maiores.Podedes ver as actividades e os vídeos se premedes na imaxe.

martes, 6 de diciembre de 2016

DÍA DO CONTO: LOS 3 CERDITOS


Que bonito é este conto clásico!! Non falla!. A biblio estaba a rebosar!!

Foi o estreno de un grupiño de nenos e nenas de 1ºA que apuntan maneiras!! 

Diego, Alexia, Natalia, Erik y Carlota puxéronlle un montón de gañas, moito esforzo e moita adicación, pero....pagou a pena!!!





Seguro que non vai ser a última vez que vos vexamos pola biblio. A que non???










viernes, 2 de diciembre de 2016

CANTOS DE REIS

Houbo un tempo en que foi tradición, nas nosas parroquias de Galicia, ir cantar polas casas nestas festas de Nadal.

 Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia cantando panxoliñas, cantos de Nadal e cantares de Reis, cancións que foron transmitidas oralmente ó longo dos séculos.

 A cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada.

 

Os Reises cantamos
 pedindo aguinaldo

chourizas, touciño
 pra face-lo caldo.

Pra face-lo caldo,
  pra face-lo caldo,

chourizas, touciño 
pedindo o aguinaldo

Bibliomistos escribiu unha carta á nosa rapazada solicintándolles que trouxesen á Biblioteca todas estas cantigas que coñecen as súas familias.

     
 Ola rapaces e rapazas:                                                 

     Como estades?
       O outro día lendo un libro atopei unhas cantigas preciosas. En Biblioplanet están entuasiasmados con elas. Os mistos pequerrechos pasan o día cantandoas e pedíronme máis. No libro dicía que os vosos avós e avoas, cando chegaba o tempo de nadal , cantaban esas cancións que se chaman “Cantos de Nadal” . Coñecedes algunha?
Pregúntade as vosas familias e traédeas a biblioteca. Se veñen decoradas moito mellor.


Espérovos na biblioteca




Bibliomistos