Houbo un tempo en que foi tradición, nas nosas parroquias de Galicia, ir cantar polas casas nestas festas de Nadal.
Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia cantando panxoliñas, cantos de Nadal e cantares de Reis, cancións que foron transmitidas oralmente ó longo dos séculos.
A cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada.
Os Reises cantamos
pedindo aguinaldo
chourizas, touciño
pra face-lo caldo.
Pra face-lo caldo,
pra face-lo caldo,
chourizas, touciño
pedindo o aguinaldo
No hay comentarios:
Publicar un comentario