Rematamos cun vídeo resumo das actuacións.
jueves, 29 de diciembre de 2016
A festa de Nadal de primaria
Os nenos de primaria celebraron a chegada de Nadal tocando os seus instrumentos musicais, cantando, bailando...
Rematamos cun vídeo resumo das actuacións.
Felices festas!!!
Rematamos cun vídeo resumo das actuacións.
martes, 27 de diciembre de 2016
Festivais de Nadal
O último día foi moi emocionante para todos, especialmente para a rapazada de educación infantil cantaron, bailaron e remataron, como rematan todas as festas, cunha merendola!
...Os maiores tamén gozaron escoitando o son das frautas, guitarras, oboe e o violín; cantando, bailando...
viernes, 23 de diciembre de 2016
NADAL
Chegou o Nadal e xa estamos de vacacións. Todos merecemos este descanso logo do moito traballo que fixemos durante o mes de Nadal.
Decoramos o vestíbulo, os corredoiros e aulas; fixemos o Belén e rematamos cos festivais de Nadal e unha divertida xincana.
Gozamos coa visita do Apalpador
lunes, 19 de diciembre de 2016
GUÍA DE LECTURA
Nesta época de Nadal, estades preparando as vosas cartas para Papá Noel e os Reis Magos.
Aquí tendes unhas suxestións lectoras para que podades incluílas nas vosas cartas.
Felices lecturas!
Felices festas!!
sábado, 10 de diciembre de 2016
Visita do alumnado da Universidade da Coruña
O venres 25 de novembro, alumnado da Universidade da Coruña acudiu á aula de 5 anos para facer varias actividades cos nenos e nenas, co fin de observar a presencia e promover a cultura e a tradición oral galega na escola.
Compartiron con nos o momento da asamblea e algunhas cantigas populares.
A continuación, visitamos a biblioteca e contáronnos un conto e propuxéronnos diferentes adiviñas.
Para rematar un xogo de distensión e unha valoración da actividade.
miércoles, 7 de diciembre de 2016
Informe PISA
Estes días escoitaredes falar do informe PISA. Este informe mide os coñecementos dos estudantes de 15 anos de 71 países, mediante unhas probas deseñadas pola OCDE. Un dos parámetros que se mide é a habilidade lectora.
A evolución en Galicia é moi positiva, temos que seguir avanzando, sen presa, pero sen pausa.
Magosto 2016
No noso colexio queremos poñer en valor as nosas tradicións.
No mes de novembro celebramos a festa do Magosto. Na súa orixe, o Magosto era unha festa arredor do lume e as castañas asadas coas que os galegos honraban as colleitas.
O lume do fogar convidaba a compartir contos e lendas antigas.
Asamos e comimos castañas, xogos populares da rapazada de Infantil e unha Xincana dos maiores.Podedes ver as actividades e os vídeos se premedes na imaxe.
martes, 6 de diciembre de 2016
DÍA DO CONTO: LOS 3 CERDITOS
Que bonito é este conto clásico!! Non falla!. A biblio estaba a rebosar!!
Foi o estreno de un grupiño de nenos e nenas de 1ºA que apuntan maneiras!!
Diego, Alexia, Natalia, Erik y Carlota puxéronlle un montón de gañas, moito esforzo e moita adicación, pero....pagou a pena!!!
Seguro que non vai ser a última vez que vos vexamos pola biblio. A que non???
viernes, 2 de diciembre de 2016
CANTOS DE REIS
Houbo un tempo en que foi tradición, nas nosas parroquias de Galicia, ir cantar polas casas nestas festas de Nadal.
Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia cantando panxoliñas, cantos de Nadal e cantares de Reis, cancións que foron transmitidas oralmente ó longo dos séculos.
A cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada.
Os Reises cantamos
pedindo aguinaldo
chourizas, touciño
pra face-lo caldo.
Pra face-lo caldo,
pra face-lo caldo,
chourizas, touciño
pedindo o aguinaldo
Bibliomistos escribiu unha carta á nosa rapazada solicintándolles que trouxesen á Biblioteca todas estas cantigas que coñecen as súas familias.
Ola rapaces e rapazas:
Como estades?
O outro día lendo un libro atopei unhas
cantigas preciosas. En Biblioplanet están entuasiasmados con elas. Os mistos
pequerrechos pasan o día cantandoas e pedíronme máis. No libro dicía que os
vosos avós e avoas, cando chegaba o tempo de nadal , cantaban esas cancións que
se chaman “Cantos de Nadal” . Coñecedes algunha?
Pregúntade as
vosas familias e traédeas a biblioteca. Se veñen decoradas moito mellor.
Espérovos na
biblioteca
Bibliomistos
viernes, 25 de noviembre de 2016
martes, 8 de noviembre de 2016
DÍA DO CONTO: VOY A COMEDTE!!!
Comezamos a nosa tempada de contos dos venres cun moi especial: ¡VOY A COMEDTE! de Jean-Marc Derouen e ilustrado por Laure du Faÿ, editado por KóKinos.
Un lobo malo, hambriento y que habla de una forma rarísima espera en el bosque a que aparezca un delicioso bocado. Con tan mala suerte que se topa con un par de conejitos listos que le quitarán un pelo que tiene en la lengua y, sobre todo… ¡las ganas de comer carne!
Un grupiño de nenas de 4ºB, Leire, Daniela, Érica, Alma e Irene, preapraron uns pequenos monicreques para representarnos o conto con eles.
¡¡¡Tivemos a biblio chea de pequenos grandes lectores!!!
Mirade, mirade....
Un lobo malo, hambriento y que habla de una forma rarísima espera en el bosque a que aparezca un delicioso bocado. Con tan mala suerte que se topa con un par de conejitos listos que le quitarán un pelo que tiene en la lengua y, sobre todo… ¡las ganas de comer carne!
Un grupiño de nenas de 4ºB, Leire, Daniela, Érica, Alma e Irene, preapraron uns pequenos monicreques para representarnos o conto con eles.
¡¡¡Tivemos a biblio chea de pequenos grandes lectores!!!
Mirade, mirade....