martes, 29 de mayo de 2018

English day: Obras de teatro e xogos

O martes 22 de maio celebramos no cole unha xornada especial "The English Day" organizada polo equipo de inglés, con caracterización, xogos e unha fantástica obra de teatro representada por unha coñecida compañía.
Para os pequenos a obra elixida foi  "The Wild Wild West", unha comedia sobre dous irmáns vaqueiros que vivían no lonxano Oeste xunto a súa nai. E para os maiores " The Sword in the Stone" unha comedia sobre a lenda do Rei Arturo.
Despois, o alumnado do centro puido gozar dunha Gynkana de xogos do Oeste con: country dance, Horse shoe toss, Pin the Badge on the Sheriff, Relay Race and Hula Hoop. 
Para máis información sobre as actividades do Equipo de inglés, podedes consultar o seguinte blogue: http://epeakenglish.blogspot.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario