domingo, 13 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS

O mércores 16 conmemoraremos no centro o día das LETRAS GALEGAS, adicado este ano a María Victoria Moreno. A cuarta muller da historia en recibir este recoñecemento.
María Victoria Moreno foi profesora, poeta, narradora, tradutora, conferenciante, ensaista e firmemente comprometida coa lingua galega.
Lingua que fixo súa, tras coñecela ao chegar a Galicia dende Castela con 24 anos. Pioneira na literatura infantil e xuvenil galega, conta con numerosos títulos, algúns deles traducidos a outras linguas.
Estes son algúns dos seus libros que o alumnado está traballando nas aulas.




Para saber máis sobre ela podedes acceder aos documentos das seguintes ligazóns:

- Letras galegas

- A Primavera das letras 

- Portal da lingua galega

- Bibliotecas escolares


ORGANIZACIÓN DO MÉRCORES 16 DE MAIO

9:00 Himno galego
11:00- 13:00  Demostración de música galega con instrumentos tradicionais así como unha exhibición de traxes típicos de baile galego.

Durante toda a semana: RETO DO GALEGO

No hay comentarios:

Publicar un comentario