Como todos os anos abrimos unha vez máis as aulas e a nosa biblioteca as familias. Convidámosvos a participar na actividade de contar nas aulas nas que están escolarizados os vosos fillos/as.Dado que este ano a temática da biblioteca é POÉTICAS DIVERSAS imos a centrarnos en traballar a poesía.
As familias que queiran participar elixirán un libro sobre poemas, rimas ou adiviñas para vir a ler á escola.
Para participar so tedes que mandar unha nota ao titor/a e concretar o día que mellor vos veña. En principio realizaranse na hora de ler de 12:00 a 12:20h dende a vindeira semana ata que remate o curso.
Animádevos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario