miércoles, 8 de mayo de 2019

CARREIRA SOLIDARIA

CARREIRA SOLIDARIA 2019 A FAVOR DE ASANOG


Dende hai 3 cursos o noso cole realiza unha carreira solidaria coa que queremos facer a nosa pequena aportación a aquelas persoas que máis o necesitan. Nos últimos anos colaboramos con Acción contra el hambre nas súas campañas de axuda en Haití, Siria e Etiopía. 
Este ano a colaboración será coa Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

A data de celebración da carreira será o venres 24 de maio no patio da escola. Alumnado, profesorado e familias participarán na iniciativa. 

O pasado xoves 2 de maio contamos coa visita de Merce e Susana para contarlles un pouco máis ao noso alumnado de primaria en que consiste a asociación ASANOG, que é o áncer, como combatilo e como axudar a alguén que o sufre. Todo isto mediante unha charla/coloquio e un vídeo de Charlie Brown e Snoopy, que tivo moito éxito entre os rapaces e rapazas.
Deixamos o vídeo por se queredes velo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario