jueves, 2 de abril de 2020

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil


Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de dar a coñecer os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona a un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo.
Este ano lle corresponde a sección de Eslovenia (en 2019 foi Lituania), que difunde a mensaxe de Peter Svetina (co título de «Hambre de palabras»), ilustrado por Damijan Stepančič.


Coñeces a Hans Christian Andersen?

Foi o creador dalgúns dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo como o  Patito Feo,  Pulgarcita, o Soldado de Chumbo ou a  Sirenita e que tamén foron levados ao teatro e á gran pantalla.
Foi un escritor, abocado á literatura infantil, a cal se coñece nos cinco
  continentes, ademais, os seus libros foron traducidos a máis de oitenta idiomas.

PARA CONMEMORALO DEIXAMOSVOS ESTA CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN Á LECTURA QUE AGARDAMOS QUE VOS GUSTE. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario