Comezamos coas Mochilas viaxeiras para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria.
A mochila viaxa polas casas de venres a xoves co obxectivo de compartir tempo arredor das historias e a lectura. Dentro de cada mochila atoparedes contos en galego, castelán e inglés, libros de información, revistas, libros cd, etc. Ademais dun caderno no que podedes anotar, debuxar, facer suxestións de lecturas, pegar fotos de momentos en torno aos libros, etc. o que se vos ocorra.
Aquí temos a foto dos primeiros/as afortunados/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario