lunes, 20 de abril de 2015

"Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar"


As Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o 
Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar, sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de aventuras e viaxes.

                      O libro que tes ao lado
 O capitán Nemo non era home de amores, pero algo novo abroiou nel cando Morgana chegou.
 Había anos que xa non pilotaba o Nautilus, ultimamente prestárallo ao Principiño para ir explorar novos planetas no fondo dos mares. O Principiño tiña facilidade para atopar planetas nos sitios máis insospeitados. Só puxo dúas condicións: que devolvera o submarino co depósito cheo, e que lle quixera. Ás naves hai que querelas para gobernalas como é debido. Agora nada sabía do seu destino, pero chegaran noticias pola Sereiña de que librara ben do pirata Barbanegra. Nemo vivía tranquilo naquel andel dunha biblioteca con Morgana ao seu carón. Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar.

María Solar


Nós tamén imos celebralo no colexio con varias actividades: lecturas en familia, apadriñamento lector, contos...
Seguiremos contando.
Que disfrutedes coas lecturas

No hay comentarios:

Publicar un comentario