As Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar, sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de aventuras e viaxes.
O capitán Nemo non era home de
amores, pero algo novo abroiou nel
cando Morgana chegou.
Había anos
que xa non pilotaba o Nautilus, ultimamente
prestárallo ao Principiño para ir
explorar novos planetas no fondo dos
mares. O Principiño tiña facilidade para
atopar planetas nos sitios máis insospeitados.
Só puxo dúas condicións: que
devolvera o submarino co depósito
cheo, e que lle quixera. Ás naves hai
que querelas para gobernalas como é
debido.
Agora nada sabía do seu destino, pero
chegaran noticias pola Sereiña de que
librara ben do pirata Barbanegra. Nemo
vivía tranquilo naquel andel dunha biblioteca
con Morgana ao seu carón.
Ás veces o destino está no libro que
tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar.
María Solar
Nós tamén imos celebralo no colexio con varias actividades: lecturas en familia, apadriñamento lector, contos...
Seguiremos contando.
Que disfrutedes coas lecturas
No hay comentarios:
Publicar un comentario