jueves, 9 de abril de 2015

V RECITAL DE POESÍA

Ainda que con retraso, queremos contarvos que Bibliomistos, a mascota da biblioteca, envioulle unha carta a todas as aulas do noso cole.


   Que ben se está nesta biblioteca. Cada día que pasa está máis bonita e confortable. Creo que vou quedar para sempre.

    Teño noticias fantásticas de Biblioplanet. Están nacendo moitos libros no campo da poesía; pronto naceran máis mistos coma min. Os mistos que viven nos libros de poesía son pequenos, suaves, tenros; quedan tranquilos, deitados  entre as follas dos libros, soñando.....As veces parecen un pouco tímidos, pero tamén poden sair e bailar con alegría. Son de moitas cores, como as vosas bolboretas.

Agora estou lendo un libro que tamén fala dun personaxe moi tenro: “ Es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera que se diría todo de algodón, que no lleva huesos....”Sabedes quen é?

   Seguro que estades a ler moita poesía, por iso naceron tantos libros en Biblioplanet.
     Espero con impaciencia o día do festival, non faltedes á cita.
Bibliomistos


Todos os rapaces e rapazas alegráronse moito e participaron con moito interés no "V Recital de poesía"
Próximamente os mostraremos as fotos da súa participación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario