Os alumnos de sexto representaron unha pequena obra teatral "Rabo de demo".
Cantaron panxoliñas en galego e inglés, tocaron con varios instrumentos musicais "Cascabel" e "Noite de Paz".
Ángel deleitounos tocando o fagot.
Os nenos e nenas de segundo representaron "Unha postal de Nadal" e os de educación infantil "Giraluna".
Tamén cantamos e bailamos.

Vede mais fotos na páxina web do centro.