Mostrando entradas con la etiqueta cultura galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cultura galega. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de diciembre de 2016

Visita do alumnado da Universidade da Coruña

O venres 25 de novembro, alumnado da Universidade da Coruña acudiu á aula de 5 anos  para facer varias actividades cos nenos e nenas, co fin de observar a presencia e promover a cultura e a tradición oral galega na escola. 


 Compartiron con nos o momento da asamblea e algunhas cantigas populares.


A continuación, visitamos a biblioteca e contáronnos un conto e propuxéronnos diferentes adiviñas. 


Para rematar un xogo de distensión e unha valoración da actividade. 

martes, 7 de junio de 2016

XURXO SOUTO NO VÍCTOR

Estamos rematando o curso pero non paramos coas nosas actividades.

 Onte estivo con nós Xurxo Souto, natural de Monte Alto e bo coñecedor do noso barrio. Mostrounos o nome de toda a costa que rodea o noso barrio. 

Tedes mais información en As pedras do mar da Torre.

 Tamén aprendimos porque o mar da Coruña chámase o "Mar de María Antonia", as lendas dos os homes mariños, a pirámide submarina do Orzán, a historia de San Amaro, as lendas da Marola... ...e cantamos, gozamos coa súa música, co son do acordeón e a bucina.


 Invitounos para o próximo curso a facer un roteiro polas rochas de arredor da Torre.

Foi tan amable que, nunha foto do vestíbulo, nomeou cada furna rocha, illa... 


Sumouse a o noso Fotocall

  Para rematar imos escoitar unha das súas cancións co grupo "Os diplomáticos de Monte Alto", adicada a pedra "Rabadeira"

jueves, 5 de noviembre de 2015

Hoxe celebramos o Magosto, festa tradicional galega. Na súa orixe, o magosto era unha festa en torno ao lume e ás castañas asadas coa que os galegos honraban as colleitas. O lume do fogar nas frías noites de primeiros de novembro convidaba a compartir contos e lendas antigas.


Nos puidemos celebralo coa axuda da ANPA do noso colexio. Moitas grazas pola vosa colaboración.

martes, 4 de marzo de 2014

Homenaxe a Rosalía de Castro

No aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, homenaxeamos a nosa maior poetisa. A muller que mais fixo pola normalización da nosa lingua.
Limos moitos dos seus poemas, comentámolos..., debuxámola e mantémola viva no noso corazón.

http://www.kizoa.es/diapositivas/d8951981k9084883o1/rosala-de-castro

viernes, 22 de febrero de 2013

Rosalía de Castro

O próximo día 24 de febreiro fai 150 anos que se publicou por primeira vez "Cantares gallegos" o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da lingua galega.


Nós, celebrarémolo durante toda a próxima semana lendo e  recitando moitos dos seus poemas. Tamén escoitaremos varias das cancións, de diversos autores, con letras dos seus poemas.
Se queredes, poder ler Cantares gallegos.
A Asociación de escritoras e escritores galegos (AELG) preparou un vídeo moi interesante Todos con Rosalía
Podedes escoitar algunhas das cancións mais coñecidas con poemas de Rosalía:
Adiós ríos, adiós fontes

Negra sombra Luz Casal

"Adios ríos, adiós fontes" Amancio Prada

"Campanas de Bastabales" Amancio Prada

Has de cantar 

Maio longo

Iste vaise 

Un repoludo gaiteiro

As bibliotecas municipais sumanse a celebración deste día cun acto que se desenrolará na Biblioteca Municipal Ágora no que haberá  "Lecturas de poemas de Rosalía de Castro" o sábado 23 de febreiro a partir do sete da tarde.