Mostrando entradas con la etiqueta recital de poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recital de poesía. Mostrar todas las entradas
jueves, 21 de marzo de 2024
jueves, 25 de marzo de 2021
Certame de poesía
O pasado 21 de marzo conmemoramos o día da poesía. Nas aulas traballamos con trabalingüas, adiviñas, caligramas, poemas, pareados... Despois chegou o momento da creacción poética. E agora chegou o momento de escoitar aos gañadores/as de cada un dos cursos, que hoxe recibiron un diploma e un pequeno agasallo. Parabéns polas vosas creaccións poéticas artistas!
lunes, 25 de febrero de 2019
Día da poesía 21 de marzo
sábado, 31 de marzo de 2018
RECITAL DE POESÍA. GOT POETRY? Xoves 22 de marzo
E continuamos recitando. Terceira parte do recital.
viernes, 30 de marzo de 2018
jueves, 29 de marzo de 2018
RECITAL DE POESÍA. GOT POETRY? Martes 20 de marzo
Este ano o noso recital de poesía tivo un toque especial pois... había xurado! Quixemos facer unha versión do programa de tv, Got talent! Así que xa vos podedes imaxinar quenes eran os que votaban se pasaban ou non a seguinte fase.
O noso alumnado ten moito talento elaborando, redactando, inventando, memorizando e como non, recitando POESÍA! E que mellor forma de ensinar as súas dotes ao resto dos compis.
Organizamos o festival en 4 días para que tod@s puidesen asistir de público e recitar. O xurado e o público decidiron o alumnado que merecía volver a recitar. E como en todo recital que se precie, no noso tamén houbo PASE DE OURO!
Deixovos as fotos do 1º día.

viernes, 16 de marzo de 2018
jueves, 23 de marzo de 2017
VII RECITAL DE POESÍA
O pasado día 21 celebramos o "VII Recital de poesía", no que recitamos poesías de autoras tan importantes, coma Rosalía de Castro e Gloria Fuertes, tampouco faltaron poesías de autores coma Antón Cortizas, María Canosa..., e descubrimos os Limerick, da man de Ingrid.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes do recital para que vexades o ben que o pasamos!
viernes, 18 de marzo de 2016
VI RECITAL DE POESÍA
Esta semana puxemos o broche final o mes da poesía, cun recital poético. Cada clase preparou as súas poesías e recitounas no festival. Os de 6º crearon dous poemas adicados a nosa cidade "Mar do Orzán" e "Praia de San Amaro", os de 3º recitaron os centóns inspirados nas poesías de Rosalía de Castro e tamén escoitamos poemas de Manuel María, Antonio Machado, Concha Blanco,Celso Emilio Ferreiro... Foron unhas xornadas poéticas moi, moi emocionantes.
Manuel María tamén foi o autor das poesías que recitaron os nosos alumnos pola megafonía nos saúdos e despedidas de toda a semana.
jueves, 10 de marzo de 2016
O MES DA POESÍA
miércoles, 9 de marzo de 2016
O MES DA POESÍA
Esta mañá foi toda unha sorpresa!
No fío musical da escola á hora da entrada e da saída, puidemos escoitar a gravación colectiva que fixeron as Nadarinas e Nadaríns (aula de 4 anos B) sobre o poema de Manuel María, O arco da vella (Os soños na gaiola, 1985)
Participou todo o grupo no recitado e Álvaro e Carlos axudaron a poñer o audio no equipo de son.

martes, 8 de marzo de 2016
O MES DA POESÍA
O primeiro día foi unha sorpresa, hoxe xa estabamos todos esperando, e valeu a pena.
Ao comezo das clases, Rut e Diego recitaron a poesía de Manuel María "A Natureza"
A saída, foron Lucía e Samuel os que nos deleitaron co poema "Galicia" de Manuel María.
lunes, 7 de marzo de 2016
O MES DA POESÍA
Comezamos o mes da poesía co recitado de poesías a través da megafonía do centro.
No saúdo da mañá, Uxía recitou o poema de Manuel María "O carro".
A saída Alba recitounos "Agua donde vas" de Federico García Lorca.
Que boa forma de comezar e despedir o día.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)