Mostrando entradas con la etiqueta Semana da prensa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana da prensa. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de marzo de 2023

Semana da prensa

Con motivo da semana da prensa, o alumnado de 6º curso elaborou uns xornais con diferentes novas.  Estas son as portadas dos exemplares. 


lunes, 12 de abril de 2021

Xornais do cole

Como resultado da semana da prensa, crearonse 5 xornais da escola, onde se recollen as noticias redactadas por todo o alumnado. Pulsade na imaxe para acceder a todas as novas! 






lunes, 8 de marzo de 2021

Semana da prensa

O alumnado estivose preparando para a semana da prensa: 8-12 de marzo. Cada clase traballou con noticias e xornais. E mesmo se converteron en reporteiros e reporteiras, redactando as súas propias noticias. Agora o alumnado de 5º e 6º está maquetando o xornal con todas as novas elaboradas polos compañeiros/as. Estamos desexando coñecer eses xornais do cole. E vos, tedes gañas de ver o resultado?




miércoles, 11 de marzo de 2020

SEMANA DA PRENSA: 9 AO 13 DE MARZO

Esta semana dedicámoslla ao texto informativo: a noticia e a prensa. Nas aulas traballaremos con xornais e ademais temos preparado un concurso de Novas.


BASES CONCURSO DE NOVAS SEMANA DA PRESA 


- Escribe una noticia en galego sobre algo real acontecido durante este curso escolar. 
- A túa noticia debe responder ás 6 preguntas clave (que, quen, como, cando, onde, e por que, ).
- Ter as partes dunha noticia: titular, foto ou debuxo e corpo da noticia. 
- Revisa faltas de ortografía e puntuación.
- Coida a presentación (boa letra, sen tachóns e papel limpo). 

A data de entrega será do 9 ao 23 de marzo. 

As NOTICIAS elexidas serán publicadas no blog da biblioteca e lidas, polos seus autores/as, a través da radio escolar.
MOITA SORTE A TOD@S OS REPORTEIR@S!

domingo, 4 de marzo de 2018

Semana da prensa na escola

Comezamos a semana da prensa no CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE. Durante estes días o alumnado de tod@s os cursos traballará con xornais na hora de ler, achegándose a este medio de comunicación como recurso de acceso a información.

Tamén participaremos no Concurso Mejor Periodista Infantil y Juvenil que organiza Prensa-escuela A Voz de Galicia todos os anos. http://www.prensaescuela.es/participa/concursos