Mostrando entradas con la etiqueta Bibliopatio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bibliopatio. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de abril de 2024

Bibliopatio

 Esta semana a nosa biblio baixa ao patio no tempo de recreo con:

- Lecturas baixo os tipis

- Títeres e marionetas

- Marcapáxinas e debuxos da nosa mascota

- Revistas e xornais escolares

Agardamosvos!



viernes, 3 de mayo de 2019

Bibliopatio e recomendacións lectoras

Continuamos aproveitando o bo tempo para manter a biblioteca fora. Ademais nesta ocasión deixamos un papel continuo invitando a que nenos/as e maiores realicen as súas aportacións sobre os seus contos favoritos. Son moit@s os que se animaron. Podedes ver as súas recomendacións no mural da entrada. E animamos ás familias a que fagan un oco para escribir tamén. 















lunes, 29 de abril de 2019

Bibliopatio

Comezamos a semana de Bibliopatio. Durante esta semana busca o noso carrito e cestas lectoras na zona verde do patio e ven a pasar un recreo diferente cos nosos amigos os libros. 




jueves, 4 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

O semana do 23 de abril celebraremos o día do libro. Por iso no noso cole estamos preparando todo para ese día. Estas son algunhas das actividades que realizaremos:

1. Liberación de libros da biblioteca do centro e das aulas. Podedes levar para casa os que máis vos gusten. É unha forma de serguir dándolle uso.
 Se tedes libros na casa que xa non usades e que pensades que poden pasar a mellor vida é unha boa ocasión para traelos ao cole e deixalos na mesa da entrada durante esa semana. Non dubidedes en botar unha ollada.

2. Agasallo de marcapáxinas ao pasar pola bibblioteca do cole. Ven a buscar un marcapáxinas que che acompañe na lectura dos teus libros.

3. BookTubers: concurso de recomendacións lectoras a través da canle de YouTube do cole. Cada curso realizará ao menos unha recomendación lectora dos seus libros favoritos a  través dun breve vídeo. Poderedes velos expostos na parede do corredor da biblioteca.

4. Bibliopatio: durante esa semana sacaremos os contos ao patio para poder disfrutar da súa lectura durante as horas de recreo.

5. Suxestións lectoras: colocaremos no corcho de fora un mural  no que facer a nosa aportación sobre os nosos libros favoritos. Anímate a participar! (Deixamos a parte alta para as familias)