martes, 27 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO: venres

 A semana do libro rematou coa visita de 6º B ás actividades e co acto final de clausura, no que todo o colexio baixou ao patio para compartir un tempo de lectura. 



CREAción audiovisual na semana do libro

Durante a semana do libro o alumnado do centro puido experimentar co croma e facer as súas propias produccións, xogando coas portadas dos contos traballados nas aulas. Podedes ver as imaxes dos resultados. 


Tamén vos deixamos as fotos de como se fixo.



lunes, 26 de abril de 2021

Visita Antonio Sandoval

O alumnado de 4º de Primaria está a participar nunha actividade de sensibilización ambiental patrocinada polo grupo empresarial EROSKI VEGALSA, "Unha árbore, unha historia". 

A actividade inclúe un concurso de relato curto que os nenos e as nenas están a elaborar de maneira individual, basándose no conto "Unha árbore na escola".

Hoxe puidemos contar coa presencia de Antonio Sandoval, autor do conto, que lles explicou cal foi a orixe da historia do conto e ademais deulle pequenos consellos para poder facer os relatos para o concurso. Os rapaces e as rapazas estiveron encantados de poder escoitar todo o que lles contaba. Aquí tedes unha pequena mostra da actividade.


jueves, 22 de abril de 2021

miércoles, 21 de abril de 2021

Semana do libro: mércores

 Continuamos coa celebración, nesta ocasión recibimos ao alumnado de 5 anos A e B; 3º A e B e 5º C.




 




 

 

martes, 20 de abril de 2021