jueves, 25 de marzo de 2021

Certame de poesía

O pasado 21 de marzo conmemoramos o día da poesía. Nas aulas traballamos con trabalingüas, adiviñas, caligramas, poemas, pareados... Despois chegou o momento da creacción poética. E agora chegou o momento de escoitar aos gañadores/as de cada un dos cursos, que hoxe recibiron un diploma e un pequeno agasallo. Parabéns polas vosas creaccións poéticas artistas!

Entrega de premios do Certame de poesía

 





















lunes, 8 de marzo de 2021

Semana da prensa

O alumnado estivose preparando para a semana da prensa: 8-12 de marzo. Cada clase traballou con noticias e xornais. E mesmo se converteron en reporteiros e reporteiras, redactando as súas propias noticias. Agora o alumnado de 5º e 6º está maquetando o xornal con todas as novas elaboradas polos compañeiros/as. Estamos desexando coñecer eses xornais do cole. E vos, tedes gañas de ver o resultado?




8 de marzo- Día da muller

Hoxe 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller empoderando e coñecendo aquelas mulleres importantes da nosa cultura e historia. Este ano o noso centro quixo facerlle unha pequena homenaxe a FRIDA KAHLO, pintora mexicana que loitou pola igualdade, abrindo camiño. 


  

lunes, 1 de marzo de 2021

Friday storytellings

Comezan os venres de conto! Este ano dun xeito moi especial. Cada venres na hora de ler escoitaremos un conto por parte do English´s team. Deixámosvos o Genially aquí por si quedades con ganas de volver a escoitalo. Agardamos que vos gusten!