jueves, 29 de septiembre de 2022

Apertura da biblioteca

Despois de estos días de preparación da biblioteca, recoloación de mobiliario, elaboración de cartelería, formación de usuarios, creación de guías de uso, colocación de postos de ordenadores, preparación das mochilas viaxeiras, convocatoria de axudantes de biblio, reorganización de fondos... xa temos a biblio a punto para abrir as súas portas!

Logo de dous anos pechada pola pandemia, este curso voltamos a abrir durante o tempo de recreo. Poderás visitarnos tamén nas horas asignadas a cada titoría. 






Formación de usuarios

Esta semana o alumnado de primaria está a recibir a Formación de usuarios do funcionamento e organización da biblioteca escolar. 

Coñecemos as normas, os espazos, a organización dos libros, o seu etiquetado, a forma de facer o préstamo e devolución e de consultar o catálogo. Como agasallo o alumnado recibiou os carnets da biblioteca e un marcapáxinas ou debuxo da nosa mascota, como recordo. 








Talk a Pirate Day

 

Comezamos coas actividades grupais do curso, preparade o voso atuendo para a viaxe Pirata. Tedes máis información no blog de English http://epeakenglish.blogspot.com/


jueves, 22 de septiembre de 2022

Novidades e apertura da biblioteca

A semana do 3 de outubro a nosa biblioteca abrirá as súas portas, tanto durante a mañá para asistir co profesorado, como no tempo de recreo e polas tardes. 
Este ano o noso PDI será sobre a auga e leva por título Móllate! Ao redor desta temática estarán artelladas moitas das propostas do curso escolar. 
 
Teremos axudantes para a xestión da biblioteca no tempo de recreo, serán os voluntarios de 6º curso. 
A vindeira semana comezarán as formacións para o uso da organización e funcionamento da biblioteca escolar.
Agardánvos moitas novidades, permanecede atentas! 

martes, 6 de septiembre de 2022

Comeza a conta atrás para o novo curso escolar

Estamos preparando a nosa biblio para volver a poñela en funcionamento, recuperando o seu uso no tempo de recreo. Pronto vos contaremos as novidades. Comeza a conta atrás!