Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de junio de 2024

Mostra teatro escolar

  O alumnado de 5 anos B de 6º de infantil recibiu unha mención pola obra se teatro A mellor sopa do mundo, no certame de Mostra de teatro escolar organizado polo Concello de A Coruña.

Onte representaron no cole a obra para o alumnado do centro.









viernes, 14 de octubre de 2022

Casting Lecturas de medo

 Finalizada a semana, remata tamén o casting de lectura da nosa biblio. Moitas grazas a todos e todas as participantes. A vindeira semana comezaremos coas preparacións das lecturas para o tempo de Samaín. Seguide atent@s!


  

miércoles, 18 de diciembre de 2019

Gañadora concurso relatos de Nadal

Xa temos gañadora do concurso de relatos de Nadal! Parabéns Vera Díaz! O seu relato xunto co debuxo gañador dos elaborados polo alumnado de infantil formarán a felicitación de Nadal do noso centro para este 2020! Grazas a tod@s os participantes!
O venres na Xuntanza de Nadal será a entrega de premios.

lunes, 18 de noviembre de 2019

Concurso relatos de Nadal

Dada a gran acollida do concurso de cómics do mes de outubro, lanzamos un novo concurso de RELATOS DE NADAL!

As bases do concurso son as seguintes:
- Escribe un relato relacionado co Nadal nunha carilla dun folio.
- En galego, sen faltas de ortografía (podes pedirlle ao teu titor@ que o corrixa antes de entregalo).
- Pode se individualmente ou por parellas.
- Pon o teu nome, apelidos e curso.
- Entrégao antes do 9 de decembro na biblioteca do cole.
 Anímate a participar!

O alumnado de infantil tamén poderá participar facendo un debuxo que ilustre a felicitación.

viernes, 1 de noviembre de 2019

Concurso de cómics de terror!

Semana de votacións! Despois da gran acollida que tivo o concurso de cómics con ata 27 equipos participantes é tempo de votacións. Que gane o mellor! O luns faremos o reconto de votos e coñeceremos aos gañadores/as!





jueves, 17 de octubre de 2019

Concurso de cómic de terror

Ante a chegada inminente do Samaín, propoñemovos un CONCURSO DE CÓMIC DE TERROR.
Pode participar todo o alumnado do centro. Estas son ás condicións:
- deberá ser en galego
- elaborado en equipo
- coa plantilla ofertada na estantería da entrada do centro
- deberá constar nel o nome e o curso dos autores
Tedes de prazo ata o luns 28 de OUTUBRO. Ao longo de esa semana coñeceranse os gañadores/as da sesión de cine terrorífica na nosa biblioteca.
Animádevos a participar! Agardamos as vosas arrepiantes historias!