Mostrando entradas con la etiqueta Bibliomistos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bibliomistos. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de enero de 2020

Presentación da nova mascota

Este ano estamos de estrea na biblioteca do cole, temos nova mascota e queremos presentárvola. Atent@ as datas! Esperámosvos na sala de usos múltiples!

martes, 30 de octubre de 2018

Semana da biblioteca

O mércores 24 de outubro celebrouse o Día das bibliotecas, e aproveitamos esta data tan importante para facer a presentación da biblioteca para todo o alumnado do centro.
Para presentar as normas para os nenos e nenas de Educaucón Infantil fixemos nas aulas un xogo da oca moi especial, que tamén realizamos en 1º de Educación Primaria.


Por outra banda cos nenos e nenas de Educación Primaria fixemos un KAHOOT! para recordar as normas da biblioteca, no que visitamos a biblioteca do centro e fixemos un xogo por parellas coas tablets onde había que responder a 6 preguntas.


Recordade que a partir de agora a bibliteca xa está aberto ao préstamo!!

jueves, 9 de abril de 2015

V RECITAL DE POESÍA

Ainda que con retraso, queremos contarvos que Bibliomistos, a mascota da biblioteca, envioulle unha carta a todas as aulas do noso cole.


   Que ben se está nesta biblioteca. Cada día que pasa está máis bonita e confortable. Creo que vou quedar para sempre.

    Teño noticias fantásticas de Biblioplanet. Están nacendo moitos libros no campo da poesía; pronto naceran máis mistos coma min. Os mistos que viven nos libros de poesía son pequenos, suaves, tenros; quedan tranquilos, deitados  entre as follas dos libros, soñando.....As veces parecen un pouco tímidos, pero tamén poden sair e bailar con alegría. Son de moitas cores, como as vosas bolboretas.

Agora estou lendo un libro que tamén fala dun personaxe moi tenro: “ Es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera que se diría todo de algodón, que no lleva huesos....”Sabedes quen é?

   Seguro que estades a ler moita poesía, por iso naceron tantos libros en Biblioplanet.
     Espero con impaciencia o día do festival, non faltedes á cita.
Bibliomistos


Todos os rapaces e rapazas alegráronse moito e participaron con moito interés no "V Recital de poesía"
Próximamente os mostraremos as fotos da súa participación.