jueves, 23 de enero de 2020

Presentación da nova mascota

Este ano estamos de estrea na biblioteca do cole, temos nova mascota e queremos presentárvola. Atent@ as datas! Esperámosvos na sala de usos múltiples!

Storytelling

As horas de ler do noso cole van acompañadas de sesións de contacontos en inglés. Cada día será un dos cursos o que baixe á biblioteca a escoitar o conto de ese mes. Esperamos que vos guste!
Hoxe tocoulles aos nenos/as da Cebra Camila e quedaron con ganas de máis.

Horas de ler entre irmáns

Alex de 3º e Adriana de 4º cos seus irmáns de 3 anos. Como nos gusta que veñades a contar contos!

lunes, 20 de enero de 2020

Comezan as horas de ler en familia!

Dende o equipo de biblioteca do centro un ano máis convidámosvos a participar nas horas de ler do centro de 12:00 a 12:20h. Este ano a nosa proposta é sobre o teatro (títeres, teatro de sombras, teatro negro, kamishibai,...). Aquelas familias que queirades acudir ao centro a facer unha pequena representación teatral xunto co voso fillo/a na hora de ler, poderedes facelo poñéndovos en contacto co titor/a para socilitar data. No blog da biblioteca iremos colgando as fotos das vosas visitas. Agardámosvos!


Esta actividade durará ata o final de curso.

viernes, 10 de enero de 2020

Novos axudantes de biblioteca

O alumnado voluntario de 5º xa está preparado para a súa misión como axudantes da biblioteca. O luns incorporanse ao posto.