viernes, 30 de octubre de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este venres comezan a viaxar as MOCHILAS VIAXEIRAS polos fogares dos nenos e nenas de infantil para achegar os contos aos máis pequenos e que poidades gozar dun tempo en familia ao redor da lectura. 

Escollede os libros que máis vos gusten, non tedes porque leelos todos. Ademais dentro da mochila atoparedes un conto en inglés e un libro musical con cd.

Acompañando a mochila vai un caderno viaxeiro no que podedes anotar, debuxar, escribir, comentar ...en definitiva deixar a vosa pegada, para compartir co resto da aula.

Agardamos que os libros vos deixen bonitos momentos en 







 

sábado, 24 de octubre de 2020

Día das bibliotecas escolares

 Este ano a nosa biblioteca está reubicada nas diferentes aulas, por iso este día das bibliotecas escolares o celebramos dende cada unha delas creando, decorando e poñendo normas de uso en común. Amosámosvos algunhas das bibliotecas do noso alumnado. 

martes, 13 de octubre de 2020

Novidades do curso 2020/2021

O equipo de biblioteca do Víctor López Seoane davos a benvida a este novo curso tan especial. Como novidade a nosa biblioteca de centro non vai a poder ser empregada como tal, xa que se precisou do seu espazo para reconvertila nunha aula. Pero non vos preocupedes porque poderedes seguir empregando os seus recursos a través das BIBLIOTECAS DE AULA.

Cada curso será dotado con libros para crear unha biblioteca de aula.

SERVIZO DE PRÉSTAMO

 A maiores habilitaremos un servizo de préstamo a través do blog da biblioteca. Tedes na marxe dereira un formulario para facer a solicitude. Cubrides os vosos datos e o título que vos gustaría levar prestado para a casa. Para iso podedes consultar o catálogo da nosa biblioteca, tamén no icono da marxe dereita.

Unha vez recibida a vosa petición, un membro do equipo de biblio levaríavos o libro á vosa aula. 

Ao cabo de 15 días teredes que facer a devolución do mesmo, deixándoo na caixa que está na porta da biblio do cole e que pon "Material en cuarentena"


 Calquera dúbida ou suxestión podedes enviarnos un correo ao noso enderezo bibliomistos@gmail.com