martes, 21 de noviembre de 2023

Xornada de formación

 O sábado tiveron lugar as Xornadas de formación de bibliotecas escolares de Galicia, punto de encontro do profesorado en torno a proxectos, dinamizacións e innovación nas biblios.


viernes, 17 de noviembre de 2023

CONTAVENRES 17 DE NOVEMBRO

Aquí os protagonistas de hoxe:
 
Cabaciñas  e velliñas
Lobos, leóns e osos

Comezamos os Contavenres


 Comezamos cos nosos Contavenres na hora do recreo. Este ano abrimos a posibilidade de que as familias tamén acudan a contar ou representar un conto con diferentes técnicas ( monicreques, kamishibai, teatro de sombras, representación, conto debuxando, relato oral, …). Se queredes participar escribide ao correo da biblioteca bibliomistos@gmail.com comunicando a vosa dispoñibilidade.

Hoxe representa o conto de Corre, corre cabaciña, alumnado de 6º de infantil A.

miércoles, 8 de noviembre de 2023

Visita das xogadoras do Dépor ABANCA

 O luns recibimos na nosa biblioteca ás xogadoras do deportivo, Cris Martínez e Paula Monteagudo acompañadas por Álex Bergantiños, conselleiro do RC Deportivo, e Inés Rey, alcaldesa de A Coruña para falarnos da xornada de este domingo e respostar as preguntas do noso alumnado.

Picade na imaxe para acceder a noticia completa. 


Samaín/Halloween

 

Túnel do terror e teatro na biblio "Big Pumpkin" durante a semana pasada e traballo  nas aulas das tradicións galega e inglesa. Tedes máis vídeos do Truco ou trato no blog de inglés.



jueves, 2 de noviembre de 2023

Formación do alumnado 1º A e 6º B

 Continuamos coas formacións, nesta ocasión do alumnado de 1º A, coñecendo as normas de uso da biblioteca e a colocación dos libros.


O alumnado de 6º B, xa é experto e profundizou no coñecemento da CDU e colocación dos libros de ficción por temáticas e cores.