martes, 24 de junio de 2025

Festa de fin de curso

 O curso 2024-2025 chegou o seu fin, pero rematou da mellor forma posible cunha xornada de xogos en comunidade. Onde se puideron levar a cabo os últimos talleres relacionados coa nosa horta:

- Elaboración de batidos de piña e espinacas

- Estampación de herbas de San Xoán

- Visita e debuxos da fauna e flora da horta


lunes, 23 de junio de 2025

As nosas cantareiras

 Grazas a todas aquelas mulleres que nos acompañástedes este curso na actividade de Cantareiras. Un anaquiño das vosas visitas queda visible na entrada co cole a través destes retratos que elaborou o alumnado de cada unha de vo


s. 

jueves, 19 de junio de 2025

Entrega de diplomas

Chega o fin de curso e con el o peche da nosa biblioteca. Non sen antes agradecer o traballo do alumnado voluntario que colaborou más tarefas de xestión, organización e dinamización da biblio. Un placer contar con vos. Agardamos que sigades en contacto vos libros si longo das vosas vidas.




martes, 17 de junio de 2025

Recomendacións lectoras verán

Chega o tempo de verán e con el as lecturas ao aire libre. Unha vez máis gustaríanos contar con vós para crear unhas recomedacións lectoras compartidas. A través deste panel colaborativo convidámosvos a participar anotando un dos libros que máis guste nas vosas casas.

Hecho con Padlet

Visita Maria Canosa

 




miércoles, 4 de junio de 2025

Koha

Este año a nosa biblioteca mudou o sistema de xestión dos fondos o que requeriu do reetiquetado de todos os exemplares así como da corrección do catálogo. 

Por iso, estes últimos meses non se puido realizar o habitual préstamo no tempo de recreo. 

Continuamos formándonos e traballando no proceso, pero temos unha nova que comunicarvos. Xa dispoñemos dunha nova páxina de acceso ao noso catálogo, dende onde ides a poder consultar os libros dispoñibles, as últimas adquisicións, os máis emprestados, etc. 

O novo programa chámase KOHA, e funciona dun xeito similar ao das bibliotecas públicas municipais. Deixámovos o enlace para que poidades entrar.  https://ceipvictorseoane.edubib.xunta.gal/