miércoles, 16 de octubre de 2024

Apertura da biblioteca durante os recreos

 Despois de estas semanas de posta a punto e de realización das formacións de usuarios, a biblioteca xa ten data de apertura no tempo de lecer, coincidindo co Día das bibliotecas, será o 24 de outubro. Agardámosvos!



martes, 15 de octubre de 2024

Convocatoria Contos de medo

 Como todos os anos celebraremos Samaín/Halloween con contacontos e proxeccións con temáticas de medo durante a última semana de outubro, ademáis do noso tradicional truco ou trato e o paso polo túnel do terror. O mércores 30 de outubro poderán vir disfrazados, evitando máscaras e complementos perigosos. Este ano como novidade, convidámosvos a participar na narración/representación de contos de medo. Se tedes dispoñibilidade e vos apetece participar, anotádevos no seguinte cuestionario na hora e data do curso do voso fillo/a. 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScDxjJeSUu-X_5bdo5GO6ApSIogFOEtNPAizZO3-tA6jHSUXw/viewform?usp=sharing

lunes, 14 de octubre de 2024

Mostra de teatro escolar

 O alumnado de 1º de primaria participou o curso pasado na XXXIII Mostra de teatro organizada polo Concello de A Coruña. Xa están publicadas as representacións das obras dos artistas. Este ano o cole volve a participar con outros cursos como protagonistas. 



jueves, 3 de octubre de 2024

Formación de usuarios

 Algo pasa na biblioteca do Víctor… por iso durante este mes os diferentes cursos irán pasando por ela para intentar resolver o caso.

E así é como, a través desde xogo de escapismo, presentamos a nosa biblio. Repasamos normas, coñecemos a organización e funcionamento, achegámonos a CDU e localizamos libros e outros materiais. 

miércoles, 2 de octubre de 2024

Guía de usuarios

Un ano máis compartimos a Guia de usuarios da bibliotecaonde podedes coñecer a súa organización e funcionamento. Así como os novos espazos e materiais dispoñibles.


jueves, 20 de junio de 2024

Recomendacións lectoras para o verán 2024

Despedida axudantes de biblio

 Hoxe despedimos aos axudantes de biblio que tanto nos axudaron nos tempos de recreo coa organización e o préstamo bibliotecario. 



Mostra teatro escolar

  O alumnado de 5 anos B de 6º de infantil recibiu unha mención pola obra se teatro A mellor sopa do mundo, no certame de Mostra de teatro escolar organizado polo Concello de A Coruña.

Onte representaron no cole a obra para o alumnado do centro.









Contacontos en familia

 Durante este trimestre recibimos a varias familias do noso alumnado para compartir momentos de lectura nas diferentes aulas do cole. Aquí temos as de 3 anos. Moitas grazas por acompaarnos.

Familia de Martiño 3 anos 

                                               Familia de Claudia 3 anos

Familia de Roi  3 anos
Familia de Brianda
Familia de Zoe

miércoles, 19 de junio de 2024