Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de junio de 2025

Festa de fin de curso

 O curso 2024-2025 chegou o seu fin, pero rematou da mellor forma posible cunha xornada de xogos en comunidade. Onde se puideron levar a cabo os últimos talleres relacionados coa nosa horta:

- Elaboración de batidos de piña e espinacas

- Estampación de herbas de San Xoán

- Visita e debuxos da fauna e flora da horta


jueves, 29 de mayo de 2025

PDI de centro: Colleitando

 Este año a temática ao redor da que xiraron as propostas de todo o curso foi a nosa horta. En concreto,  os animáis que viven nela, que deron nome a cada unha das aulas do cole. Como peche a este proxecto recibimos, en infantil e 1º ciclo, a visita de mundo bichos. Que nos achegou ás aulas animaliños para poder ver, tocar e sentir. Aprendendo a valorar e respetar a estos pequenos invertebrados, comprendendo o lugar que ocupan no noso planeta. 






viernes, 10 de mayo de 2024

Herbario de Rosalía

 Polo día de Rosalía de Castro participamos nun reto colectivo de recolectar exemplares das flores mencionadas nas obras de Rosalía de Castro. Con esta recolecta elaboramos este herbario que viaxará polas aulas achegándo ao alumnado á realidade desta poeta da nosa Terra. 




lunes, 26 de febrero de 2024

Álbum Sementando

Este ano retomamos a actividade do curso pasado da elaboración dun álbum por equipos con cromos relacionados co PDI do curso, neste caso a nosa horta. Buscando a mellora da competencia lingüística en ambas linguas.
                                              

viernes, 10 de marzo de 2023

2º Visita oceanográfico 1º primaria

O alumnado de 1º de primaria tamén puido coñecer de primeira man o traballo do Oceanográfico da Coruña a través de esta exposición e taller. Moitas grazas pola visita!

 



domingo, 9 de enero de 2022

Proxecto Camiño de Santiago

 Voltamos as aulas e coa volta continuamos o noso proxecto. Deixamosvos as fotos de estes dous peregrinos que foron polas aulas de primaria repartindo mochilas para facer o camiño. Cada clase encherá a súa mochila con todo o necesario para facer o camiño,  non so os obxectos materiais senón tamén valores, sentimentos, inquedanzas, etc. Seguimos coa aventura!







lunes, 8 de noviembre de 2021

Proxecto do ano: Camiñando a Santiago

Este ano o noso proxecto anual para todo o centro céntrase no Camiño de Santiago. Seoanin contavos a historia no seguinte vídeo. Preparade as mochilas, que arrancamos!