Mostrando entradas con la etiqueta Benvida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Benvida. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de septiembre de 2022

Apertura da biblioteca

Despois de estos días de preparación da biblioteca, recoloación de mobiliario, elaboración de cartelería, formación de usuarios, creación de guías de uso, colocación de postos de ordenadores, preparación das mochilas viaxeiras, convocatoria de axudantes de biblio, reorganización de fondos... xa temos a biblio a punto para abrir as súas portas!

Logo de dous anos pechada pola pandemia, este curso voltamos a abrir durante o tempo de recreo. Poderás visitarnos tamén nas horas asignadas a cada titoría. 






jueves, 22 de septiembre de 2022

Novidades e apertura da biblioteca

A semana do 3 de outubro a nosa biblioteca abrirá as súas portas, tanto durante a mañá para asistir co profesorado, como no tempo de recreo e polas tardes. 
Este ano o noso PDI será sobre a auga e leva por título Móllate! Ao redor desta temática estarán artelladas moitas das propostas do curso escolar. 
 
Teremos axudantes para a xestión da biblioteca no tempo de recreo, serán os voluntarios de 6º curso. 
A vindeira semana comezarán as formacións para o uso da organización e funcionamento da biblioteca escolar.
Agardánvos moitas novidades, permanecede atentas! 

martes, 6 de septiembre de 2022

Comeza a conta atrás para o novo curso escolar

Estamos preparando a nosa biblio para volver a poñela en funcionamento, recuperando o seu uso no tempo de recreo. Pronto vos contaremos as novidades. Comeza a conta atrás!

 

jueves, 3 de octubre de 2019

Presentación da biblioteca escolar a Infantil

Comezamos coas presentacións da biblioteca ao alumnado de infantil a través deste coñecido conto e unha pequena formación sobre normas básicas de uso e localización dos libros. Os primeros en recibila foron os nenos/as da clase do Coelliño Branco que desfrutaron da agardada visita.









jueves, 26 de septiembre de 2019

Presentación da biblioteca

Despois de este mes de traballo a nosa biblioteca xa está lista para a súa inauguración. Durante o mes de outubro levaremos a cabo un ESCAPE ROOM para primaria e un CONTACONTOS para infantil dando comezo a este novo curso. Atentos aos taboleiros e novidades, arrancamos!


jueves, 12 de septiembre de 2019

Comezamos!

Benvida a tod@s! Comezamos o curso con novidades. O proxecto deste ano será en torno ao medioambiente. De aí nace o noso lema "Naturalmente, Victor". 
Nos paneis da entrada colgaranse as distintas novidades de cada un dos equipos. Estade atent@s!

miércoles, 12 de septiembre de 2018

BENVIDA A TODAS E TODOS A ESTE NOVO CURSO!

E como puidéchedes ver xa temos novo lema para este curso: ILUSIONARTE!
Ese é o noso propósito tamén como mestr@s ilusionar a tod@s eses pequen@s que forman parte da nosa comunidade, da nosa Estrela (buscade a vosa foto no mural da entrada). Agora sí! Preparádevos que arrincamos!

domingo, 24 de septiembre de 2017

COMENZAMOS!

A biblioteca do CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE abre as súas portas para dar comezo ao novo curso escolar 2017 / 2018. Este luns xa podedes gozar das instalacións de lectura e o servizo de préstamo. Bibliomistos agardavos! Haberá agasallos para os que vos acheguedes durante estes primeiros días. Vémonos!