Mostrando entradas con la etiqueta English. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta English. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de septiembre de 2022

Talk a Pirate Day

 

Comezamos coas actividades grupais do curso, preparade o voso atuendo para a viaxe Pirata. Tedes máis información no blog de English http://epeakenglish.blogspot.com/


miércoles, 23 de junio de 2021

ENGLISH DAY

 SE PINCHADES NO MANDO DA TV, PODEREDES DISFRUTAR DA PROGRAMACIÓN ESPECIAL DO ENGLISH DAY DO VÍCTOR. 

DESEXAMOS QUE DISFRUTEDES TANTO VÉNDOA, COMA O NOSO ALUMNADO FACÉNDOA!!! 


miércoles, 18 de diciembre de 2019

CHRISTMAS JUMPER DAY

 Este ano o English Team lanzou unha orixinal actividade para o Nadal. O "Christmas Jumper Day”, unha tradición británica, de non hai moito tempo, que cada vez está máis extendida noutros países.
Falámosvos do “
Os británicos e británicas vístense cun xersei de lá que destaca pola súa multitude de detalles chamativos, rechamangueiros e por suposto de nadal. Todos xuntos celebran esta data competindo polo xersei máis orixinal e divertido.

A proposta foi todo un éxito grazas a gran acollida das familias e os xerseis do máis orixinais. Moitas grazas por participar e involucrarvos nas propostas! Os alumnos e alumnas encheron o cole de  xerseis decorados con adobíos de nadal cada cal máis creativo.

Este venres 20 de decembro, coincidindo coa Xuntanza coas familias, vestiremos cadanseu xersei.

martes, 19 de febrero de 2019

Kahoot! en Infantil

O alumnado de infantil tamén quixo estrear as tablets da biblio. Hoxe o alumnado de 5 anos veu a demostrar todo o que aprendera sobre Canadá completando un Kahoot en equipos. Que ven xogan estes nen@s cooperativamente!




Maletas viaxeiras Proxecto Canadá

Grizzly xa está de volta nas aulas de Infantil e con el a súa bolsa e maleta que viaxa de casa en casa para coñecer a todas as familias.
Dentro da bolsa vai Grizzly e un libro sobre Canadá, descrito letra a letra.

Na maleta van as solucións a todos os retos realizados polas familias e nen@s, un libro sobre Canadá contado a través dos números, fotos de animais, deportes, unha bandeira e un rexistro para anotar o que máis vos gustou.


Agardamos que o desfrutedes!

Proxecto Canadá nas aulas de Primaria

Durante estes meses continuamos traballando no noso proxecto anual nas aulas de primaria e estes días comprobamos o aprendido coa axuda das tablets e un xogo moi divertido: O Quizizz!













Estes nen@s creo que xa están preparados para o English day!











Elaboración de Pancakes

O martes e mércores toca de taller de cociña. O alumnado de 4 anos elaborou a receta típica canadense de Pancakes, que despois degustaron con froitas e o famoso maple syrup. Delicious!
Hoxe tocoulle a metade da clase estar ao mando dos fogóns, mañá será a outra metade! Preparad@s?










 Podedes seguir practicando na casa!