viernes, 28 de octubre de 2022

jueves, 27 de octubre de 2022

Cambio de datas para o concerto!

 Mañá tiñamos previsto recibir ao grupo teatral de Migallas e gozar dun concerto ao aire libre con cancións do seu disco "Cantaconnosco" e "Pan de millo". Dada a previsión de chuvia, a actuación será posposta. Mentres podemos seguir disfrutando dos seus videoclips.



miércoles, 26 de octubre de 2022

Contacontos para 3º e 4º de primaria

Seguimos coa semana de contos. Grazas a tod@s os participantes.

 A todos los monstruos les da miedo la oscuridad. Ana e Lucas 3º de primaria.

 
 El gato, el perro, caperucita roja, los huevos explosivos, el lobo y el armario de la abuelita. Juanca, Sergio e Teo de 6º de primaria.
 

Cuentos de Halloween. Conde Drácula. Sofía 4º de primaria.


martes, 25 de octubre de 2022

Contacontos para 1º e 2º de primaria.

Corre, corre cabaciña Vera O. e Vera D., Lola, e David de 5º de primaria

                           


El vampiro Edelmiro. Clara e Oli de 5º de primaria

Túnel do terror e contacontos para o alumnado de infantil

Arrancamos coa semana de Samaín cos contacontos para o alumnado de infantil. 

TÚNEL DO TERROR E CONTACONTOS

Un pesadelo no armario. Representado por Tareixa e África de 5º de primaria.

¡Voy a comedte! Representado por Martín 5º

Corre, corre cabaciña.
Representado por Iria, Nerea, Valentina e Mariña de 4º. 


Noraboa!

lunes, 24 de octubre de 2022

Día das bibliotecas: 24 de outubro

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema  ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR para este curso 2022/2023. 
 
 
A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
 
- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
- Escribir para  estimular a creación.




Comezamos a semana de contos de medo

Esta é a programación para esta semana:

 


miércoles, 19 de octubre de 2022

Preparación dos contos para o Samaín

 O alumnado participante na actividade de lecturas de medo prepara os seus contos para a vindeira semana. Estamos desexando escoitarvos! 







viernes, 14 de octubre de 2022

Casting Lecturas de medo

 Finalizada a semana, remata tamén o casting de lectura da nosa biblio. Moitas grazas a todos e todas as participantes. A vindeira semana comezaremos coas preparacións das lecturas para o tempo de Samaín. Seguide atent@s!


  

Festa de Magosto

 Anotade a data, porque este ano teremos festa rachada. 


jueves, 6 de octubre de 2022

Lecturas de medo

 Comezado o outono, achégase o tempo de Samaín e as historias de medo. Este ano queremos darlle relevancia a arte de contar e ler historias. Na semana do 10 ao 14 de outubro abriremos as portas da biblioteca durante as horas de ler para que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º que queira poñerse a proba, veña a deleitarnos coa súa capacidade lectora e intepretativa. 

O alumnado voluntario preparará un conto coa axuda do equipo de biblioteca durante a semana do 17 ao 21 de outubro, e a derradeira semana do mes, terá lugar un contacontos diario. No que o alumnado participante leerá ao resto do centro. 

Durante esa semana tamén contaremos con diversas actividades relacionadas coa temática do Samaín: túnel do terror, exposición de contos de medo, concerto, etc.


Mochilas viaxeiras

 Comezamos coas Mochilas viaxeiras para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria. 

A mochila viaxa polas casas de venres a xoves co obxectivo de compartir tempo arredor das historias e a lectura. Dentro de cada mochila atoparedes contos en galego, castelán e inglés, libros de información, revistas, libros cd, etc. Ademais dun caderno no que podedes anotar, debuxar, facer suxestións de lecturas, pegar fotos de momentos en torno aos libros, etc. o que se vos ocorra. 

Aquí temos a foto dos primeiros/as afortunados/as.