jueves, 6 de octubre de 2022

Lecturas de medo

 Comezado o outono, achégase o tempo de Samaín e as historias de medo. Este ano queremos darlle relevancia a arte de contar e ler historias. Na semana do 10 ao 14 de outubro abriremos as portas da biblioteca durante as horas de ler para que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º que queira poñerse a proba, veña a deleitarnos coa súa capacidade lectora e intepretativa. 

O alumnado voluntario preparará un conto coa axuda do equipo de biblioteca durante a semana do 17 ao 21 de outubro, e a derradeira semana do mes, terá lugar un contacontos diario. No que o alumnado participante leerá ao resto do centro. 

Durante esa semana tamén contaremos con diversas actividades relacionadas coa temática do Samaín: túnel do terror, exposición de contos de medo, concerto, etc.


No hay comentarios:

Publicar un comentario