Mostrando entradas con la etiqueta inglés. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta inglés. Mostrar todas las entradas
miércoles, 22 de mayo de 2019
Teatro en inglés
Por segundo ano consecutivo, dado o gran éxito do primeiro, convidamos a compañía inglesa: The Face 2 Face Theatre Company para disfrutar de dúas das súas obras educativas. Neste caso Jack and the Giant para os máis pequenos e Tarzan para os maiores. Espectacular!

lunes, 1 de febrero de 2016
DÍA DO CONTO: WHAT DOES PEACE FEEL LIKE?
O noso conto para o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, foi elixido polas mestras de inglés, Carmen e máis Belén; "WHAT DOES PEACE FEEL LIKE?" escrito por Vladimir Radunsky, e lido por Diego, Ruth, María, Lucía e Natalia de 5º e 6º de primaria.
Este precioso libro de imaxes contén citas de estudantes de primaria dunha escola internacional en Roma. Traballa tanto os cinco sentidos coma unha mensaxe contra a guerra. Ao texto, acompáñanlle ilustracións que mostran un gato e un can acurrucados xuntos nunha gran cesta, que falan entre eles...
"¿Cómo che parece que é a paz? "Como algo fermoso que vai máis lonxe, pero vai volver". Paz soa coma "gotas de chuvia que caen. . . coma voces cantando. "A paz ten un sabor como a xeado, ten moitos sabores...."
Se queredes xogar un pouquiño e practicar o voso inglés, aquí deixámosvos un xogo lim deste conto.
E tamén algunhas fotos do contacontos do venres....
miércoles, 4 de noviembre de 2015
SAMAÍN
Estamos en tempo de Samaín.
Nos ímolo celebrar coa lectura de "Contos de medo".
Na entrada do vestíbulo temos unha exposición con algúns dos libros que podedes atopar na nosa biblioteca.
O xoves, Belén coa colaboración dos nenos e nenas de primeiro contáronnos un conto en inglés "The Little Old Lady who was not afraid of any thing"

Ela non tiña medo de nada e vós?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)