E así rematamos o primeiro trimestre…con moita ilusión e caras de asombro gozando do espectáculo do mago David Méndez.
jueves, 30 de enero de 2025
jueves, 19 de diciembre de 2024
Espectáculo de maxia
Mañá contaremos cun espectáculo de maxia para rematar o trimestre acompañado de merendas navideñas e recreos compartidos.
miércoles, 18 de diciembre de 2024
Recomendacións lectoras
Este curso contamos coas familias para elaborar as recomendacións lectoras que todos os ano publica o cole polo Nadal. A través deste panel colaborativo engadiron os títulos preferidos. Seguro que podemos sacar moitas ideas de lecturas e agasallos de Nadal. Grazas por participar.
domingo, 1 de diciembre de 2024
Calendario de advento
Comeza decembro e con el o noso tradicional calendario de advento, vencellado á temática do curso: A horta. Este ano o calendario mostrararnos diferentes animais que podemos atopar nas nosas hortas. Cada curso preparou con moito cariño un vídeo sobre o animal que da nome a súa aula.
E cada día do mes de decembro antes das vacacións de Nadal iremos vendo nas aulas os diferentes vídeos, tamén os podedes ver dende as casas. Os días da fin de semana e festivos non teñen vídeo. Agardamos que desfrutedes.
sábado, 30 de noviembre de 2024
jueves, 18 de enero de 2024
Xincana de Nadal
viernes, 1 de diciembre de 2023
miércoles, 14 de diciembre de 2022
As palabras do noso 2022
Larpeira, golfiño, aperta, amizade, lambona, estrela, compaixón, esquío, mundial, avós, folerpa, insospeitado, trasno, respecto, esforzo e Nadal.
jueves, 16 de diciembre de 2021
Visita do Apalpador
martes, 22 de diciembre de 2020
BOAS FESTAS!
A comunidade educativa do CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE deséxabos unhas FELICES FESTAS a través de este vídeo elaborado con todo o cariño por parte de alumnado, familias e profesorado. Vai dividida en dous vídeos dado o seu tamaño.
viernes, 27 de noviembre de 2020
ADVENTO DE CONTOS
Este ano querémosvos agasallar cun conto para cada un dos días antes do Nadal. Todos eles cunha temática relacionada coa igualdade, diversidade, repecto e a tolerancia representados polo noso alumnado con todo o seu agarimo. Abride o cartel que corresponde ao día da semana e gozade do conto! Cada día estrearase un deles (non se poderán ver antes do día). Podedes deixar o voso comentario no blog despois de velos para que os creadores poidan velos.
viernes, 20 de diciembre de 2019
III Xuntanza de Nadal
jueves, 19 de diciembre de 2019
miércoles, 18 de diciembre de 2019
CHRISTMAS JUMPER DAY
Falámosvos do “
Os británicos e británicas vístense cun xersei de lá que destaca pola súa multitude de detalles chamativos, rechamangueiros e por suposto de nadal. Todos xuntos celebran esta data competindo polo xersei máis orixinal e divertido.
A proposta foi todo un éxito grazas a gran acollida das familias e os xerseis do máis orixinais. Moitas grazas por participar e involucrarvos nas propostas! Os alumnos e alumnas encheron o cole de xerseis decorados con adobíos de nadal cada cal máis creativo.
Este venres 20 de decembro, coincidindo coa Xuntanza coas familias, vestiremos cadanseu xersei.
Gañadora concurso relatos de Nadal
miércoles, 4 de diciembre de 2019
martes, 19 de noviembre de 2019
lunes, 18 de noviembre de 2019
Concurso relatos de Nadal
As bases do concurso son as seguintes:
- Escribe un relato relacionado co Nadal nunha carilla dun folio.
- En galego, sen faltas de ortografía (podes pedirlle ao teu titor@ que o corrixa antes de entregalo).
- Pode se individualmente ou por parellas.
- Pon o teu nome, apelidos e curso.
- Entrégao antes do 9 de decembro na biblioteca do cole.
Anímate a participar!
O alumnado de infantil tamén poderá participar facendo un debuxo que ilustre a felicitación.



















