jueves, 29 de mayo de 2025

PDI de centro: Colleitando

 Este año a temática ao redor da que xiraron as propostas de todo o curso foi a nosa horta. En concreto,  os animáis que viven nela, que deron nome a cada unha das aulas do cole. Como peche a este proxecto recibimos, en infantil e 1º ciclo, a visita de mundo bichos. Que nos achegou ás aulas animaliños para poder ver, tocar e sentir. Aprendendo a valorar e respetar a estos pequenos invertebrados, comprendendo o lugar que ocupan no noso planeta. 






lunes, 26 de mayo de 2025

Teatro: Lingua de lata

 Hoxe rematamos o noso reto das letras galegas cunha obra de teatro representada polo alumnado de 6º A de primaria "Lingua de lata". Facéndolle unha homenaxe á nosa lingua. Esta obra foi a presentada polo alumnado na mostra de teatro escolar do concello de A Coruña. 



viernes, 16 de mayo de 2025

Letras galegas 2025. CEIP Víctor López Seoane

Día das letras galegas

 Muiñeiras e pandeiretas para festexar o Día das letras galegas.



Cantareiras

Onte tivemos a segunda actividade de formación dentro do programa Lectura e familias, da asesoría de bibliotecas escolares.

Nesta ocasión relacionada co libro Cantareiras da editorial Polo Correo do vento.

Da man de Enrique Mauricio escoitamos a historia das mulleres homenaxeadas este ano polo día das Letras Galegas.


A narración estivo acompañada dos cantares de Aroa Pino que coa súa voz nos recreou cantigas da nosa Terra, as veces coa pandeireta ou as cunchas e outras coa botella de anís ou a lata de pementón. 

Acompañando esta musicalización da historia, Alba Troiteiro realizou unha fermosa ilustración das Cantareiras. 

E como toda foliada que se precie, a actividade rematou coa participación das familias e do alumnado, que se animaron a cantar e bailar algunha peza. 


martes, 13 de mayo de 2025

Reto do galego

 Comezamos co Reto do galego, comprometéndonos a empregar máis a nosa lingua durante estes 15 días. Para lembranos levaremos postas as chapas que elaboramos na aula. 

Cada alumno/a creou a súa propia e entre todas saíron 4 elixidas, unha por cada ciclo. 

En 3º ciclo (5º e 6º EP) 

En 2º ciclo ( 3º e 4º de EP)
En 1º ciclo ( 1º e 2º de EP)
En Infantil (3,4 e 5 anos)

Durante esta semana recibiremos aos avós e avoas da cativada que querian vir a compartir con nòs un pouquiño da tradición oral, contos ou cantigas da terra. 

jueves, 8 de mayo de 2025

Sensibilización Carreira solidaria

 Onte e hoxe o alumnado de primaria do centro recibiu a sensibilización de cara a Carreira solidaria que realizaremos mañá do centro, en colaboración coa asociación Meniños.


miércoles, 7 de mayo de 2025

Visita De Francisco Otis

 O alumnado de 6º de primaria recibiu ao autor do libro que están lendo e que convertiron en obra teatral, Lingua de lata para intercambiar con el verbas en torno a lectura.